SISTEMAS CONSTRUTIVOS EFICIENTES: FACHADA TRANSVENTILADA.

Este sistema construtivo comenzou empregándose en grandes edificacións, pero na actualidade xa se utiliza bastante habitualmente en construcións máis domésticas, como por exemplo nas vivendas unifamiliares.

A súa característica fundamental é que permite a circulación de aire a través da fachada, xa que a xunta entre as diferentes pezas de acabado que a conforman está aberta (aproximadamente 1 cm). Desta forma funciona como un colchón térmico para a edificación, xa que favorece a ventilación. Poden chegar a conseguirse aforros enerxéticos de ata un 30% fronte a fachadas convencionais, se ben hai que ter en conta que o seu custe é tamén máis elevado.

Fachada_Ventilada1

Á esquerda desta primeira imaxe adxunta podedes ver un detalle dunha vivenda proxectada e dirixida no noso estudio na que se utilizou este sistema, empregando como materiais de acabado placas de granito e de pizarra. Á dereita pódese apreciar unha representación esquemática, pero moi visual, dos diferentes componentes deste tipo de cerramento.

Estas son as principais ventaxas que aporta o sistema transventilado con respecto ós sistemas convencionais de fachada:

1. Crea unha envolvente térmica continua para toda a edificación eliminando as denominadas pontes térmicas (discontinuidades ou faltas de illamento), causantes en moitísinas ocasións de humidades de condensación interiores.

2. Proporciona máis inercia térmica grazas ó maior do espesor do muro interior, isto significa que dentro da edificación a temperatura será máis constante en tódalas estacións do ano (nunha próxima entrada falaremos máis en detalle de inercia térmica).

3. Eliminación de humidades do cerramento grazas a súa ventilación.

4. Moitísimas posibilidades para o acabado final do edificio (granito, pizarra, aluminio, cerámica, prefabricados de formigón, madeira, etc).

Nesta fotografía podedes ver un detalle dunha edificación construída con fachada transventilada de plaqueta de gres porcelánico (hai dispoñibles infinidade de tipoloxías, texturas e cores).

fachada-ventilada_Porcelanosa-Grupo_Butech

Na seguinte imaxe o material de acabado é o panel composite de aluminio (“Alucobond”, “Larson”, etc).

composite1

 Na última imaxe podedes ver unha fachada transventilada construída con paneis fenólicos ríxidos para exteriores (“Formica”, “Trespa”, “Prodema”, etc).

Puente-Tablas-VIVIXweb

E para finalizar deixovos o enlace para ver un pequeno video de menos de 6 minutos moi clarificador de como é a montaxe deste interesante sistema construtivo.

By :
Comments : 0

Deixa un comentario

*

captcha *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.