SISTEMAS CONSTRUTIVOS EFICIENTES: FACHADA “SATE”

O sistema “SATE” para fachadas (Sistema de Illamento Térmico Exterior) é unha solución construtiva, cada vez máis utilizada, estudada para revestir as edificacións cunha envolvente continua e illante que incorpora un acabado definitivo impermeable e transpirable, e que permite adecuálas ás novas necesidades de aforro enerxético. É moi utilizado en rehabilitación, pero tamén en obra nova. A súa orixe sitúase en Centroeuropa cara o ano 1950, polo que non á un sistema novo. Actualmente emprégase en todo o mundo, cun importante repunte nestes últimos anos en Galicia, fundamentalmente pola influencia de Portugal.

 1_14072010194742_g

É un sistema útil para aforrar enerxía tanto nos climas fríos coma nos cálidos, debido a que protexe o edificio dos cambios de temperatura exteriores,  conservando no interior unha temperatura máis constante que os sistemas trradicionais. Compórtanse coma unha pel que envolve exteriormente a fachada na súa totalidade, evitando as pontes térmicas (discontinuidades ou faltas de illamento).

Video

 Está formado polas seguintes capas:

1. Cerramento exterior da edificación, que serve de base sobre a que comenzar a aplicar o sistema. Pode ser ladrillo, bloques prefabricados de formigón, muro de formigón armado, etc, revestidos (no caso de rehabilitación) ou sen revestir (en obra nova).

2. Panel Illante térmico fixado o cerramento base con pezas especiais e morteiro adhesivo. Os máis utilizados son o poliestireno expandido, a lá de rocha, a lá mineral, a cortiza expandida, etc. O espesor mínimo é de 6 cm, pero na actualidade xa se están colocando espesores superiores a 8 cm.

3. Unha capa fina de morteiro polimérico (endurece rapidamente e é resistente as inclemencias metereolóxicas) armado cunha malla, habitualmente de fibra de vidro.

4. Unha capa de morteiro con acabado fino que serve de imprimación para a capa de acabado.

5. O revestimento acrílico final, que é o acabado definitivo, e que pode ter diferentes cores, texturas, etc.

 Gráfico1

As principais ventaxas do sistema son as seguintes:

  • Minimízase o risco de humidades de condensacións no interior das edificacións.
  • O acabado acrílico é impermeable á auga (funciona como unha impermeabilización) pero permite a transpiración do cerramento, é dicir, é permeable ó vapor de auga.
  • Mantén a envoltura exterior e a estrutura do edificio en condicións térmicas moi estables, contribuíndo de maneira decisiva ó mantenemento dos materiais de construción ó longo do tempo grazas a que evita as oscilacións de temperatura causantes en moitas ocasións de fendas, fisuras, infiltracións de auga, etc.
  • É un sistema respectuoso co medio ambiente, xa que non dispersa substancias contaminantes nin nocivas, pode reciclarse, reduce as perdas enerxéticas, e como consecuencia pode alcanzar criterios de sostenibilidade moi elevados.
  • En rehabilitación ten a ventaxa que non reduce o espazo inteior das vivendas, revaloriza o inmoble, non son necesarias obras interiores, pode aplicarse directamente sobre o revestimento existente (excepto cando existan riscos de desprendemento) e, sobre todo, ten un periodo de amorización moi curto (redúcese drásticamente o consumo enerxético).
  • Ten un prezo competitivo con respecto a outros sistemas eficientes:

                         SATE                                                  45/65 €/m²

                        FACHADA TRANSVENTILADA     110/150€/m²

                        FACHADA VISTA                              75/120 €/m²

Existen varias marcas comerciales no mercado que traballan este sistema como por exemplo “Coteterm”, “Weber .Therm”, “Fassatherm”, etc.

 Aquí vos deixo un enlace cun sinxelo video explicativo da súa aplicación e representativo dos diferentes componentes do sistema.

https://www.youtube.com/watch?v=NXQqO9IPcxg

By :
Comments : 2
  1. Alexandre Barcala Burés Reply

    Boas tardes. Quixera facer unha enquisa acerca do contido deste artigo, e é a seguinte:
    Nunha edificación de pedra antiga, pódese empregar este tipo de illamento, ou hai algunha alternativa? Posto que á xente que ten esas casas non está pola labor de agochar á pedra rústica, además de que agora xa non o permiten como antigamente que as receba antes por fóra.
    Gracias de antemán e sobre todo pola cantidade de información que nos proporciona á través das redes sociais, as cales sigo con frecuencia.

    • Admin Reply

      Boa tarde Xandre.

      Antes de nada quería agradacer o teu seguemento nas redes sociais (véxote moi a menudo por esos lares). Para que cho vou a negar, encántanos ver que hai xente coma ti, ás que lles parecen interesantes as nosas publicacións.

      Paso a responder o túa pregunta: Nese caso que comentas, o illamento hai que resolvelo polo interior, xa que como moi ben apuntas, non parece a mellor solución tapar a cantería exteriormente. Como do que se trata é de non perder demasiado espazo no interior, unha solución bastante habitual neses casos é instalar un trasdosado interior de cartón-xeso (“pladur” para enterdernos)que, ó ir colocado sobre unha estrutura auxiliar de perfís metálicos, podremos aproveitar para encher con illamento térmico entre cada perfil. Nese sentido, un illamento térmico moi eficiente (e ademais ecolóxico) sería a lá de rocha. O espazo mínimo que perderíamos serían sobre 7 cm, contando a prancha de “pladur”, 5 cm de illamento térmico e 1 cm de cámara de aire.

      Espero que respondera ó teu comentario, e se queres algunha outra aclaración, non dubides en colgala.

      Un saúdo!!!, Xosé Ramón Garrido

Deixa un comentario

*

captcha *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.